Ana Peleteiro Bronce no Campionato de Europa Junior e novo record e Belen Toimil; 5ª en disco

Ana Peleteiro medalla de bronce no Campionato de Europa Junior con un millor salto de 13.29, marca da tempada e novo record nacional. Despois de proclamarse campiona do mundo na tempada pasada Ana presentábase neste campionato con tan só duas competicións mais a sua calidade levouna unha vez mais ó podium nunha competición internacional.

Belen Toimil: Quinta posicion en disco

Gran campionato de Belen Toimil que se fai coa quinta posición na final de disco con 50,15 metros, segunda mellor marca despois dos 50,42 feitos na actual tempada (actual mellor marca galega júnior)
Belén que vén realizando unha gran tempada, tomará parte mañá na clasificacion de peso, onde tratará de ser a primeira atleta galega en chegar aos 16 metros e revalorizar os 15,97 realizados no absoluto; a gran lanzadora galega posúe a segunda mellor marca das participantes Parabéns! Resultados Web Campionato

Compartir: