Solange Pereira debutou nos 1500m na Universiada de verán de Kazan. Cun tempo de 4.26.56 entrou 5ª na súa semifinal, que foi máis lenta que a primeira, sobre todo na primeira volta. Clasificáronse as catro primeiras de cada quenda e os catro mellores tempos. Queda fóra por moi pouco, tras pelexar a carreira sempre nos postos de cabeza, e sabendo que o seu estado de forma lle tería permitido conseguir mellor marca