Aberto o prazo de preinscripción para o Curso de Adestrador de Club Nivel II RFEA

Dende hoxe e ata o día 28 de xullo a FGA habilitou unha plataforma de preinscripción para que todos aqueles técnicos que teñan o título de Monitor Nacional de Atletismo ou estén en proceso de obtelo, poidan continuar os seus estudos no eido do atletismo a través do 2º Nivel o Curso de Adestrador de Club de Atletismo, que ten como obxectivos o control e planificación do adestramento de calquer atleta dentro do seno dun club. O curso terá un prezo especial para todos aqueles técnicos que estivesen afiliados á EGA na presente tempada e renoven a súa afliación no ano 2013.

A duración desta formación será de 130 horas presenciais, estando prevista a súa realización nos meses de outubro, novembro e decembro. O obxectivo da FGA e consolidar e facilitar o acceso a formación dos técnicos galegos, por iso, o seguinte paso trala organización deste curso será solicitar á RFEA a organización dun Curso de Adestrador Nacional na nosa comunidade. (Preinscríbete xa AQUI)

Compartir: