Excelente organización do Campionato Galego de 5k en ruta de Riveira. Rafa Fuentes e Paula Mayobre novos campións galegos!

A Federación Galega de Atletismo, coa colaboración do Concello de Ribeira, organizou a primeira edición da Carreira Popular de 5 Quilómetros en Ruta que se celebrou o pasado sabado e que foi campionato galego en categorías absoluta, xuvenil, júnior, promesas e veteranos. A cita estivo aberta á participación de atletas federados
Tomaron a saida uns 150 federados e uns centener de afeccionados. O percorrido contou co visto e prace da federación española. Por mor das altas temperaturas nesta epoca do ano a saída foi as 21.00 horas no paseo do Malecón.
Os primeiros en iniciar a competición forn as categorías inferiores: pitufos, prebenjamines, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes, que percorreron distancias máis curtas.
As 22.00 horas iniciouse a carreira de xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos, que integran o campionato galego.

Os vencedores foron, Rafael Fuentes en homes e Paula Mayobre en mulleres. (Resultados)

Compartir: