Este venres ás 20:00 horas remata o prazo para inscribirse na I Carreira Popular Castroverde Fortalecendo o Deporte

Últimos días para inscribirse no que será a primeira edición dunha atractiva carreira organizada polo Concello de Castroverde. Ata o momento xa hai perto de 100 inscritos. Lembramos que a proba contará con importantes premios en metálico para os primeiros atletas que cheguen a meta na carreira absoluta de 7 kilómetros: 200, 100 e 50 euros, para homes e para mulleres. Asemade, haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría e medalla para todos os participantes na carreira de pitufos e prebenxamin. As inscricións poden facerse facendo click aqui e o regulamento pode consultarse neste pdf (click aqui)

Anímate a participar neste importante evento deportivo do Concello de Castroverde.

Compartir: