Saleta Fernández e Claudia Rojo seleccionadas para o XII Festival Olímpico de la Juventud Europea

Os atletas galegos non deixan de acadar éxitos para o atletismo galego, nesta ocasión os protagonistas son dúas atletas revelación, Saleta Fernández do Club Atletismo A Gándara e Claudia Rojo do Club Ria Ferrol, ambas participarán ca selección española no Festival Olímpico da Xuventude Europea os vindeiros días 17-21 de xullo en Holanda. Saleta fará o salto de altura e Claudia os 400 metros valados. Noraboa para estas fantásticas atletas e para os seus adestradores e clubes respectivos! (Máis información)

Compartir: