Este ano o Campionato Galego Absoluto de pista aire libre repartirá entre os atletas que obteñan as mellores marcas por táboa IAAF nas distintas modalidades máis de 4000 euros. A Circular 48-2013 publicada no día de hoxe, contempla a normativa da competición e sinala que haberá un premio de 500 euros para o atleta masculino e outro para a atleta feminino que obteña a mellor puntuación pola táboa IAAF nas carreiras de velocidade e valados, outro premio para o grupo de probas de mediofondo, fondo e marcha, outro para o saltos e un último premio para os lanzamentos. Ademais, entregaránse outros 3 premios á primeira, segunda e tercerira millor marca póla táboa IAAF DE 250, 175 e 100 euros. Con esta iniciativa congregaranse os mellores atletas galegos nesta importante cita que terá lugar o vindeiro día 14 de xullo en Pontevedra. Se eres atleta federado e tes a mínima de participación anímate a participar neste importante evento, e se non tes mínima achégate o día 14 ata Pontevedra para contemplar aos mellores atletas galegos. (Ver Circular)