Asinado o convenio entre a FGA e o Concello de Vigo

O convenio entre a Federación Galega de Atletismo e o Concello de Vigo xa foi asinado entre o presidente da FGA Isidoro Hornillos e o alcalde de Vigo Abel Caballero. A súa vixencia será ata o 31 de decembro do 2013 podéndose ampliar posteriormente. Coa sinatura do convenio cúmprese unha das necesidades que permite xestionar esta instalación municipal, matizando os dereitos e compromisos de cada parte. A Federación Galega de Atletismo responde desta forma cos compromisos adquiridos polo seu presidente cos estamentos vigueses e oficializa a colaboración co Concello de Vigo na optimización do uso das pistas e fomento do atletismo.

Compartir: