Celebrouse unha nova edición da Carreira Nocturna Popular de San Xoán en Vigo. Como ven sendo tradicional dende hai 30 edicións, pasadas as nove da noite deuse a saída de unha das probas mais coñecidas na noite das meigas. O vencedor nesta ocasión foi o atleta do Bikila Daniel Bargiela quen aventaxou en 5 segundos ó atleta da Sociedade Gimnástica de Pontevedra Rafael Fuentes. A primeira muller en entrar na liña de meta foi a campeona de España de Maratón Mª Jesús Gestido, este ano como independente, con un tempo de 28.08. Cabe destacar que a segunda muller foi a que fora atleta internacional Estela Estevez, con un tempo de 29.43