Resultados

CorreSan Campus Norte o sabado en Santiago

O vindeiro sábado 22 de xuño celebrarase na zona do Campus Norte da Universidade de Santiago de Compostela a 2ª proba do II Circuito de Carreiras Saudables de Santiago CorreSan II, nun escenario bello como é a zona do Auditorio de Galicia e Burgo das Nacións. O Campus Norte da USC será tamén testigo da celebración do Campionato de Atletismo en Ruta da USC que se levará a cabo de forma conxunta coa segunda proba do circuito.
As inscricións permanecerán abertas ata o vindeiro mércores ás 22 horas online nas webs www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org e nos puntos presenciais indicados no regulamento da mesma.
Compre lembrar que poderán participar nas probas do circuito atletas desde a categoría benxamín ata veteranos. O horario das probas será o seguinte:
– 19 horas: categorías benxamín e alevín
– 19.15 horas: categorías infantil e cadete
– 19:45 horas: categorías xuvenil en adiante e Campionato USC Regulamento CorreSAn Plano Regulamento campionato ruta USC

Compartir: