Boa actuación dos nosos atletas no IX Meeting Iberoamericano de Huelva e no XVI Trofeo Internacional Ciudad de Salamanca. En Huelva os mais destacados foron Alfonso Palomanes quen no seu último intento chegou ós 16.04 a tan só dous centimetros do seu recod galego. Boa actuación tamén de Solange Pereira que nos 1500m acadou a sua millor marca da tempada con 4.15.96. Os outros atletas destacados foron Pablo Denis con un mellor lanzamento de martelo de 62.68, Lidia Parada 50.18 en xavalina e Leticia Fernández con 4.27.32 nos 1500. Xa en Salamanca a millor foi Belén Toimil que unha vez mais bateu o seu propio record en peso con un lanzamento de 15.53. Destacada tamén a actuación de Jean Marie Okutu que no seu quinto salto chegou ós 7.82.