Resultados

Campionato Galego Benxamin e alevin

Con un día mais propio de outubro que do mes de xuño, celebrouse nas Pistas de Atletismo do Complexo Deportivo de Fontecarmoa o Campionato Galego Benxamin e Alevin. Rematadas xa as probas Xogade, os atletas de estas categorías con licenza pola FGA afrontan este campeonato con grande entusiasmo. Devido á enorme participación que amosa producirse nestos campionatos a organización limita a 16 o número de atletas que poden participar. Na categoría benxamín disputaronse as carreiras de 50, 500, 1000 e 1km marcha así como os concursos de lonxitude, altura, peso de 2kg e pelota de 200gr. Os alevíns ademais de poder correr os 2000m disputan os 60, 500, 1000 e 2km marcha e lonxitude, altura, peso de 2kg e lanzamento de pelota de 300gr. En definitiva ,un programa que permite ós mais pequenos do atletismo demostrar todas as suas capacidades nos diferentes sectores.
A competición, con unha gran afluencia de público nas bancadas, iniciouse as 10:30 con as semifinais dos 50m benxamin homes , os concursos de pelota benxamin mulleres, altura benxamin homes e o peso alevin mulleres e lonxitude homes finalizando pasadas as duas da tarde cos 2km marcha conxunta en categoría alevin.

Nos benxamíns destacamos as victoria de Rodrigo Sanjurjo , do Clube Atletismo A Estrada, nos 50 con 8.35, Eduardo Parcero, do Vila de Cangas, nos 500 con 1.36.74 e Sergio Souto da Atlética Val Miñor nos 1000m con un tempo de 3.39.62. Nos saltos destacar a Jacobo Díaz do San Narciso que superou o listón en 1.15 e a Pedro Verdeal do Vila de Cangas na lonxitude con un mellor salto de 3.47. Nos lanzamentos, as victorias foron para Pablo Rodriguez do Ourense Altetismo e Aaron Otero tamén do Vila de Cangas con un mellor lanzamento para o primeiro de 28.80 e de 6.10 para o segundo. Na marcha, o millor outro atleta da fructífera escola do Vila de Cangas, Denis Fernández con un tempo de 5.57.06.
Xa nos alevíns destacar o doblete do atleta da Asociación Viguesa de Atletismo Iván Mingotes quen venceu nos 60m con un tempo de 8.96 e na lonxitude con 4.32. Nos 500 o vencedor foi o atleta do Vila de Cangas Antón Iglesias con 1.28.24 e nos 1000 Hugo Martínez dos Franciscanos, outro dos clubes con maior participación, con un tempo de 3.22.31. Victoria tamén clara nos 2000m para o atleta do Adas Pablo Nogueiras con 7.05.44. Na altura o millor foi Raul Cortizo do Atletismo Morrazo con un salto de 1.24. Lope Quinteiro do Vila de Cangas en pelota e Hugo Rodríguez das Escolas de Lourenzá foron os millores nos lanzamentos con 29.98 para Lope na pelota e 8.38 para Hugo no peso. Na ultima proba a disputarse, victoria do atleta do Atletismo Noia nos 2km marcha Alvaro Campos con un tempo de 13.54.67.
Nas benxamins duas foron as xóvenes atletas que acadaron un doble triunfo. Laura Alonso do Atletismo Porriño venceu nos 50m e nos 500 con un tempo de 8.26 na primeira e de 1.39.10 na segunda. A atleta do Millaraio Degnesh Mato venceu tamén nos 1000 con 3.40.85 e no lanzamento de pelota con 18.89. As outras protagonistas foron Lucía Madero do San Narciso superando o listón de altura en 1.09, Sara Mallo do Vila de Cangas con un millor salto de 3.33 e Ana Fernández da Agrupación Deportiva Martínez Otero no peso con 5.30. Xa na marcha a campeona galega nesta categoría foi Noela Baltasar do Olímpico de Vedra con un tempo de 6.29.09.
Nas alevíns, as vencedoras foron Nerea Iglesias do Atletismo Fontes do Sar con 8.88, Lucía Portela do Atletismo Tui nos 500 con 1.29.59, Sara Lima do Beade con 3.29.15 e Ana Vallinas das Escolas Lourenza con 7.41.59. Nos concursos victorias para Andrea Reija na altura con 1.27, Ariadna Gil do Vila de Cangas con 3.98, Nuria Villa tamén do Vila de Cangas con 8.92 e Paula Piñon no lanzamento de pelota con 27.65. Xa na ultima proba disputada victoria para outra das atletas do Vila de Cangas, Ana Piñeiro, nos 2km marcha con un tempo de 11.41.81.
En resumo, bo ambiente na pista e nas bancadas mailo tempo desapacibel durante o campeonato benxamin e alevin que supón para moitos de estos atletas o peche da tempada.

Compartir: