David Gómez, mellor español en Arona O decatleta finalizou en segunda posición, logrando a mellor marca española do ano con 7462 puntos

O céltico David Gómez disputou este fin de semana o III Meeting de Arona de probas combinadas, reafirmándose como o mellor español da modalidade e conseguindo un total de 7462 puntos. Ocupou a segunda praza tralo belga Niels Pittmovils, que sumou 7604, e por diante do británico Martrin Brockman, con 7331. Os seus parciais foron 11,37 en 100m; 7,04m, lonxitude; 14,07m, peso; 1,87m en altura; 50,16 en 400m; 14,88 en 110 metros valas; 36,95 m en disco; 4,25m pértiga; 59,15 jabalina e 4.28,82 en 1500 metros. Foi o mellor en 110 m valas e en 1500m, e o disco, unha vez máis, o seu punto débil, comparativamente. Pero esta foi a primeira cita da tempada e Gómez ten marxe de mellora en todas as probas. O obxectivo será lograr os 8000 puntos que lle dan acceso ao mundial de Moscú

Compartir: