O Concello de Castroverde sumase a promocion do atletismo galego

O Concello de Castroverde súmase á lista de concellos que desexan promocionar a práctica do atletismo e dun estilo saúdable organizando unha carreira popular incluída no Calendario Oficial da FGA e garantindo así a seguridade dos participantes e cumprindo ca normativa vixente sobre probas deportivas celebradas na vía pública. A proba denominada I Carreira Popular “Castroverde Fortalecendo o Deporte” terá lugar o vindeiro 14 de xullo a partir das 11:00 horas. No día de hoxe publicarase o regulamento desta proba que contempla numerosas categorías e importantes premios en metálico. Inscríbete xa e aproveita a xornada deportiva para coñecer unha excelente localidade lucense! MAIS INFORMACION

Sistema de chips FGA, un sistema cada vez mais usado no eido popular

A FGA amósase moi satisfeita co seu sistema de cronometraxe e agradece a todos os organizadores de carreiras populares a súa confianza depositada neste sistema cun alto índice de fiabilidade. O sistema de chips da FGA vai situado no dorsal, o que permite axustarse á normativa de cronometraxe, centrándose no peito do atleta como a parte do corpo que confirma a chegada dun atleta antes ca outro. Todos os organizadores de carreiras populares incluidas no calendario oficial da FGA poden abaratar o orzamento da súa carreira adquirindo os productos e servizos desta federación.

Compartir: