Sen o aliciente da selección para o Campionato de España por autonomias, celebrou-se no Estadio Municipal de O Barco De Valdeorras o Campionato Galego Xuvenil. Boa participación en xeral nas probas. A destacar as actuacións do atleta do San Narciso Alfonso Pérez que venceu nos 200 e 400 metros con 22.83 e 50.67, respectivamente. En mulleres, claras victorias de Claudia Rojo do Ria Ferrol nos 100m valados (15.29) e nos 400m valados con 1.02.30 moi preto do seu record que batera hai escasamente un mes. A outra atleta en fazer doblete foi Raquel Villa do Atletismo Vila de Cangas no peso (13.18) e no disco (30.26). Destacar a mellor marca galega de Mar Chillon do Vila de Cangas que facendo alarde da súa clase, batio o record galego de 5000 metros marcha en pista (24.48.01) de Laura Ferreiro, do ano 1994, deixando nun gran rexistro de 24.26.7