Excelente actuacion dos atletas cadetes no Campionato de Espana. 15 medallas!! Miguel Gonzalez millor marca española nos 1500obstaculos

O futuro do atletismo galego está asegurado, así o demostraron os 36 atletas que foron ca expedición galega ata Málaga, acadando nada máis nin nada menos que 15 metais! Os homes acadaron un total de 8 medallas sendo quintos con 166 puntos mentras que as mulleres con 7 medallas individuais foron cuartas con 192.5 puntos. Os ouros viñeron da man dos lucences Miguel González nos 1500 obstáculos e Adrián Ben nos 3000m e da marchadora Carmen Escariz. Miguel González conseguiu con 4.20.89 a millor marca española, millorando en 3 segundos a anterior que databa de 2007. As tres platas foron para os lanzadores Oscar Broullón e María Rodríguez no peso e Laura Meira na xavalina. Finalmente, os bronces foron para Brais Prieto nos 5km marcha, Tariku Novales e Nerea Martínez nos 1000, Alberto Rodríguez e Lucía Sandar no disco, Samuel García e Emma Lorenzo no triple, Sergio García na pértega e Paula Iglesias nos 300m valados.Actuaccion Galega

Fotos: Gentileza Lucus

Compartir: