Resultados

Presentado o I Circuito de Carreiras Populares da Diputación da Coruña

Na mañá de hoxe tivo lugar na Diputación da Coruña a presentación do I Circuito de Carreiras Populares Diputación da Coruña. Un excelente circuito que inclúe 10 carreiras populares organizadas en distintos concellos da provincia da Coruña. Ao acto asistiron numerosos concelleiros e alcaldes dos concellos partícipes deste proxecto, ademais do presidente da Diputación da Coruña, a diputada de Deportes e o presidente da Federación Galega de Atletismo, que estivo arroupado polos delegados da FGA en Santiago e Ferrol, así como outros membros da federación.

Diego Calvo, presidente da Diputación da Coruña, salientou o importante que é para a Diputación apoiar este circuito, que xa se está organizando noutros deportes como é o ciclismo. Pola súa parte Isidoro Hornillos destacou a oficialidade destas carreiras ao estar todas elas incluídas no calendario oficial da FGA e tamén os altos premios en metálico que haberá para os primeiros clasificados no circuito, tanto a nivel individual como por equipos ou mesmo en categorías inferiores. A primeira proba terá lugar o vindeiro 16 de xuño en Carballo.

Dende a FGA animamos a todos os atletas e familiares a participar nestas probas populares que sen dúbida algunha promocionarán a práctica do atletismo entre toda a población.

Compartir: