Nas Pistas de Monterrei celebrouse o Campionato Galego Cadete que ademais de ver os novos valores do atletismo galego permitirá decidir a selección galega que participará no Campionato de España por Autonomías a celebrar o vindeiro 25 e 26 de Maio en Málaga. Nos homes os mais destacados con duas victorias cada un foron Angel Vargas da SGP quen venceu nos 100 e 300m con 11.58 e 38.32, respectivamente. Outro dos homes destacados foi o coruñes Iago Lousa, este ano como independente, alzándose co triunfo nas probas de lonxitude (5.73) e 100m valados con 15.40. Tamén Sergio García do San Narciso conseguiu o doblete en pértega (3.32) e altura (1.71). Xa nas mulleres as mais destacadas foron Paula Iglesias do Riazor quen gañou os 300m valados con un tempo de 47.14 e a altura con un millor salto de 1.55. A outra muller en conseguir duas victorias foi a lanzadora María Rodriguez do Afflelou Narón, nas probas de peso (11.90) e disco (29.54).