Resultados

Victor Riobo e Leticia Fernández campións galegos de milla en ruta

Celebrouse onte na localidade de Padrón o Campionato Galego de Milla en ruta vencendo Victor Riobo e Leticia Fernández. Previa disputa das probas de milla disputouse o Campionato Galego de 1km resultando gañadores nas diferentes categorias os seguintes atletas: Sergio Souto (Atlética Val Miñor) e Degnesh Mato (Millaraio) en benxamin, Yago López (Atletismo Porriño) e Cinthia Costas (Atletismo Tui) en alevin, Pedro Osorio (Afflelou Narón) e Elena Costas (Atlética Val Miñor) en infantil. Xa nas probas da milla os novos campeones galegos foron Yeray Gómez (Atlética Val Miñor) e Iria Rodriguez (Atletismo Porriño) e Ero Doce (Ria Ferrol) e Uxía Pérez (Atletismo Tui). Nos junior os millores foron Olaf Araujo do Coruña Comarca e Eva Cid da Atlética Val Miñor que foi terceira na xeral feminina. Xa a nivel absoluto o atleta do New Balance Victor Riobo estivo acompañado no podium por Alberto Chaves da Sociedade Gimnástica e Uxio Abuin do Club Atletismo Sar, que foi o primeiro promesa. Nas mulleres Leticia FErnandez do Ria Ferrol e a nova campiona galega absoluta e promesa por diante de Paula Mayobre, do Bikila e a xa mencionada Eva Cid. Os primeiros veteráns en cruzar a liña de meta foron Manuel Louro do Club Atletismo Sar e Teresa Castro do Atletismo Noia.

Compartir: