Santiago López do Atletismo Porriño e Sara Pérez do Comesaña foron os vencedores da Media Maratón de Vigo. Despois de 14 anos celebrouse unha nova edición de esta proba da man do actual vicepresidente da Federación Galega de Atletismo e atleta olímpico Javier Alvarez Salgado. Santiago López conseguiu a victoria con un tempo de 1.10.11 por diante de Daniel Bargiela (Bikila Empleados) con 1.10.27 e Elias Domínguez (New Balance) con 1.11.05. Nas mulleres a victoria foi mais clara para Sara Pérez con un tempo de 1.30.48. Acompañarona no podium Miriam Chapela do Team Bipolar con 1.34.26 e Ana Belén Garrido, do CSCD Beade, con 1.36.27.