Aberto o prazo de inscrición para participar no II Circuito de Carreiras
Saudables de Santiago CorreSan II, un circuito composto de 5 probas nos entornos máis entrañables para a practica deportiva do running da cidade compostelana.
Ata o 20 de maio permanecerá aberto o prazo de inscrición nas 5 probas do circuito, tanto para atletas escolares (de benxamín a cadetes), como atletas adultos (de xuvenil en adiante) nesta páxina
web e na web da Delegación de Atletismo de Santiago www.fgatletismo.es/santiago . Tmén se poderá facer a partir do vindeiro luns nos puntos presenciais indicados no regulamento do circuito.
As probas darán comenzo o sábado 25 de maio e presentarán unha oferta de inscrición de 5 probas + San Silvestre de Compostela por un prezo reducido que inclúe inscrición en 6 probas, camiseta do
circuito e dorsal participación.
Haberá participación por clubes (ver regulamento) e clasificación individual despois decada carreira e clasificación do circuito despois de cada proba só para os participantes que se inscriban nas
5 probas do CorreSan.
O vindeiro martes ás 10:30 horas terá lugar a presentación do CorreSan II no Centro Comercial Compostela – Hipercor na cal tomarán parte os representantes da Federación Galega de Atletismo, do
Concello de Santiago e do propio Centro Comercial, patrocinador do Evento. Mais información