V Meeting Internacional de Lançamentos de Vila Nova de Cerveira

Unha vintena de cidades estarán representadas no torneo internacional a celebrar este fin de semana en Vila Nova de Cerveira na quinta edición do mitin anual ao que acoden convidados combinados de todo Portugal, Galicia e algúns equipos franceses.
É unha competición aberta, sen límite de participantes por equipo, con clasificación colectiva na que puntúan os tres mellores homes e as tres mellores mulleres, de calquera categoría, coa presenza dos máis destacados especialistas galegos e portugueses. Entre os equipos galegos confirmaron a súa participación, Vigo, Cangas e Pontevedra con case todos os seus atletas máis representativos entre os inscritos.
O encontro arranca o sábado cunha xornada de convivencia para os máis novos, e o domingo será a competición en dobre xornada de mañá e tarde, cun xantar campestre

Compartir: