Liga Naciona de Clubes

Este fin de semana iniciarase unha nova edición da Liga Nacional de Clubes en División de Honor e Primeira División. Polo que respecta ós equipos galegos, o sábado 27 de abril no Estadio de Atletismo de Aranjuez participarán a Sociedade Gimnástica de Pontevedra en homes e o Ria Ferrol-C.A Arenal en mulleres, na División de Honor. No domingo 28 de Abril serán os equipos da Primeira División os que debutarán nesta primeira xornada. Nas pistas de Balaidos participaran o R.C. Celta e o C.A. Afflelou Narón en homes mentrás que en Burgos serán as compoñentes do Atletismo Femenino Celta e o Lucus Caixa Rural Galega as que iniciaran a sua participación nesta tempada. Mais informacion

Compartir: