Como en casa, sentíronse as dúas
ducias de atletas pontevedreses desprazados a Vila Nova de Cerveira para participar na 3ª Xornada de Lançamentos no Centro Municipal de atletismo. Cunha temperatura de 21ºC e día asollado, os
resultados foron satisfactorios, e fan prever unha boa tempada. Entre os participantes, moitos dos mellores especialistas do panorama galego e nacional, como Frank Casañas, Víctor Galego, Isaac
Vicente, Pablo Denis, Sara Arosa, e de categorías menores, Luís González ou Sergio Paredes, que aproveitaron as facilidades e acolleita que Cerveira ofrece aos atletas galegos.
A xornada empezou coa proba de disco, na que se impuxo Casañas, cun mellor intento de 60.13m. Víctor Galego (SGP) lanzou o artefacto de 2kg a 51.90 metros. En lanzamento de martillo, o máis
destacado foi a serie realizada por Isaac Vicente (Maratón), que empezou con 69.83m que serían os definitivos, e realizou todos os seus tiros en torno a 68 e 69 metros. Bo rexistro tamén para Pablo
Denis (Maratón), con 62.79m e Sara Arosa (AF Celta), que lanzou 48.84m, a mellor marca galega do ano
Foto: Flor Currás