O atleta olímpico Manolo Martínez, actual responsable do sector de lanzamentos da Federación española de atletismo, estará a próxima semana en Galicia, visitando os distintos grupos de lanzadores galegos, dentro do programa de Tecnificación e control que está a levar a cabo en todo o país. Pontevedra, Cangas, Coruña e Lugo, serán algúns dos lugares nos que impartirá os seus consellos aos lanzadores de peso, proba coa que se conseguiu o seu bronce olímpico (aínda que recoñecido recentemente) e proclamouse 31 veces campión de España absoluto.