Resultados

Faleceu César Suarez de Centi

No día de onte faleceu en Oviedo o ex atleta César Suárez de Centi Alonso, natural da Coruña (10.03.1946) e afincado en Oviedo dende os anos 70. Suárez de Centi foi un destacado saltador de triple, campión de España de esa modalidade tanto ao aire libre como en pista cuberta en 1969. A súa mellor marca persoal foi de 15,91 acadada en Madrid o 5 de xullo de 1969 cando se proclamou campión de España. Defendeu a camiseta española en 14 ocasións e en 1967 tamén logrou proclamarse campión de España de lonxiutde en pista cubierta. Dende a FGA desexamos transmitir as nosas condolencias a toda familia e amigos deste fantástico atleta.

Compartir: