Atentado en Boston

A Federación Galega de Atletismo expresa a súa repulsa e indignación polos atentados acontecidos no transcurso da maratón de Boston no día de onte. Á vez, e en nome de todo o atletismo de Galicia, manifesta os seus condolencias aos familiares das vítimas, desexando unha pronta recuperación dos todos os feridos e un rápido esclarecimiento dos feitos para poñer a disposición da xustiza aos viles autores da masacre. Tamén anuncia que se gardará un minuto de silencio no próximo campionato de Galicia de Maratón, coincidente co nacional, a celebrar este fin de semana na Coruña

Compartir: