Resultados

Os marchadores galegos brillan en Rio Maior

Unha vez máis, e van tres consecutivas, os atletas que se forman na Escola Cuntiense e a Diputacion de Pontevedra, brillaron en Portugal, con motivo do GP internacional de marcha de Rio Maior, sendo bronce nos dous km e ouro nos cinco km (gañador no cómputo xeral por equipos das dúas probas ).
Os vencedores absolutos do 20 km foron a rusa Elena Iashmanova (actual campioa olimpica e o portugues Joao Vieira, trala descalificacion do campión olimpico o guatemalteco Erich Barrondo.
Nos ouros: deu comezo a competicion cunha nova exibicion do infantil do Cuntis Roberto Vieiro, dominando ata a atletas lusos de maior idade, o seu crono de 9.19′ nos 2 km son de longo o nova mellor marca galega da categoría, Antia Chamosa (recente campioa de España cadete) dominou os 5 km dende o principio cun notable rexistro de 24.48′ ), Brais Prieto fixo o mesmo nos 5 km cadete con 26.24″, Rocio Carbia foi a primeira promesa nos 5 km, Monserrat Pereira foi a primeira veterana W35 na mesma distancia (con nova mellor marca galega desa categoria en 30 04″) e a debutante en prebenxamins Nati Rivas fixo a delicia do publico coas súas boas actitudes Ocuparon 2º postos das suas categorias: A xuvenil Carmen Fuentes nos 10 km con 53.17″ ,Noa Ramirez nos 2 km infantil con notables 10.41″, Smail Laaribi nos 5 km cadete, Maria Abeledo nos 5 km xuvenil con fantasticos 25.41″, sendo bronce Alba Cajide nos 3 km cadete, ademais destacaron, Elena Fraguas e Debora Pato nos 5 km xuvenil, as suas marcas de 2818″ e 2828″ son mínimas para o nacional en ruta 2014. Bo papel para : Iria Rivas nos 2 km infantil con gran crono de 11.07′ ,Sidnney Hernandez ,Paula Villaverde, Andrea Fontan, Lorena Sanchez e Antia da Torre asinaron unha destacada actuacion, lastima o abandono de Samanta Mulloni por problemas fisicos nos 20 km .
Tamém participaron os atletas do RCC de Vigo, Mirian Costas nos 20 km con 2.00.09, Manu Angueira 1.42″ nos 20 km e Teresa Elena Corbal en 5 km con 28.51″, ademais de Esmeralda Corredoira do Vila de Cangas con 30.27″,abandonaron a competicion por problemas fisicos Armando Pereira e Noa Garcia

Compartir: