Resultados

Homenaxe a Pepe Moure

A Pobra débelle moito a Pepe Moure. E en concreto o deporte, todo o deporte, aínda que de forma especial o atletismo. E por iso a iniciativa do Concello de A Pobra, a pasada fin de semana, o deporte e o atletismo brindáronlle un emotivo e merecido homenaxe ao que foi un dos fundadores en 1984 da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, club que case tres décadas despois ha ir crecendo ata tal punto de ter nas súas filas nin máis nin menos que a unha campioa do mundo júnior e a gran esperanza do atletismo español, Ana Peleteiro. Ela tamén quixo estar na cea de homenaxe celebrada no restaurante Torre Xunqueiras, como outras 130 persoas entre as que se atopaban os alcaldes da Pobra e Riveira, Isaac Maceiras e Manuel Ruiz; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos: o xefe de servizo de Deportes da Xunta, Roberto García; moitos que compartiron con Pepe Moure algúns momentos da súa fructífera traxectoria e sobre todo “as miñas nenas”, que son as atletas do club, as cales provocaron o momento máis emotivo do acto ao entregarlle un cadro con varias fotos de momentos importantes da historia do club, un detalle que moi emotivo que tivo o seu reflecto na expresión de Pepe Moure, que cando fala de “as súas pícaras” cámbialle a cara e póñenselle os ollos brillantes.

Compartir: