Sorte desigual para os lanzadores galegos no
desenvolvemento do Criterium galego de lanzamentos de primavera esta mañá en Balaídos, moi condicionados pola chuvia e o vento. O criterium simultaneouse co Memorial Francisco Castro, o que xero un
apertado horario e un inevitable atraso. Afortunadamente recuperouse no programa a proba de martelo, que resultou ser, como vén sendo habitual, a de máis nivel.
O inicio chegou co martelo feminino e o xuvenil masculino, baixo unha persistente chuvia. Sara Arosa (AF Celta) logrou o seu mellor rexistro deste ano, con 48.47 m, marca que a coloca entre as
mellores de España con pase ao nacional absoluto. Entre os homes, destacou novamente Sergio Paredes (ADAS), con 57.30 metros, que segue liderando o ránking nacional xuvenil. A chuvia deu tregua na
proba sénior na que Isaac Vicente(AD Marathón) empezou con boas sensacións, nos lanzamentos de quentamento, en torno aos 70 m. Finalmente o seu mellor intentou quedouse en 68.97 m, bo rexistro a
estas alturas de tempada.
O peso feminino tivo os seus mellores referentes en Eva Costas (AFC), co de 4 kg, cun lanzamento de 12.24 m e Raquel Villa (Vina de Cangas) que lanzou o de 3 kg a 12.36 m. Pablo Castro (Vila), con
15.26 m foi o mellor das categorías menores, lanzando ademais o disco a 44.94 metros. Os tres son recentes medallistas dos nacionais de pista cuberta.
O triunfo en disco tivo carácter familiar, co dobre dos irmáns Revuelta Parra, Carlos e Ana Raquel (ADAS) con 36.99 m e 38.39 m respectivamente. Esta proba estivo moi afectada polos refachos de
vento, que condicionou o seu desenvolvemento, ao igual que pasou co lanzamento de xavelina, cuxas marcas quedaron completamente desvirtuadas, perdendo os atletas unha boa ocasión. Os mellores
lanzamentos estiveron a cargo de Jesús Crossa e Carmen Sánchez, 64.42 m e 38.71 m, aínda que lonxe dos seus rexistros persoais. Resultados