Preto de 200 participantes atrevéronse esta
mañá no Memorial Francisco Castro de atletismo, a pesar das condicións meteorolóxicas adversas, con chuvia, frío e vento. Os xuíces vigueses celebraron a homenaxe anual á que fose alma mater do
atletismo vigués, presidente no seu día da Federación Pontevedresa de Atletismo e membro do Comité Nacional de Xuíces.
Ao disputarse conxuntamente o Criterium galego de Primavera de lanzamentos, con resultados independentes, o protagonismo recaeu nas carreiras. Nove foron as series de 200 m, e ao igual que a semana
anterior co hectómetro, Virginia Villar (Piélagos) e Javier Fidalgo (RCCV) foron os vencedores, correndo en 26.26 e 23.13, respectivamente. Na mesma proba, tres xuvenís conseguiron a mínima para o
Campionato de España a celebrar en Durango: Francisco Rodríguez Bugallo (Riazor), 23.26; Alfonso Pérez Davila (S. Narciso), 23.38 e Pedro Árias (RCCV), 23.40.
No 800 m, triplete para os discípulos de Virgilio Barbeitos, con vitoria de Ismael Costas (RCCV), 1.55.64, seguido de Carlos Porto (RCCV) e David González (A. Narón). Ángela González (Comesaña SC)
gañou con 2.21.52, mínima xuvenil, seguida por Eva Cid Guede (At. Val Miñor), 2.21.98, que consegue o pase ao nacional júnior.
É o mesmo caso do 1500 m, con varios atletas meténdose entre os mellores de España e ocupando praza nos respectivos campionatos. Jenny Fernández Massó (Val Miñor) repetiu triunfo tras o 3000 m do
Trofeo Reconquista, con 4.48.72, seguida por Carmela Cardama (ComesañaSC), con 4.54.66. Na proba masculina impúxose Gonzalo Basconcelo (RCCV), nun tempo de 4.01.96 (mínima), por diante de Hugo
Loureiro (CSC), 4.08.09 e o xuvenil Miguel Otero (RCCV), con 4.09.10, tamén mínima.
En canto aos cadetes, nutrida representación. Raquel Árias (AVA), cun tempo de 45.53 e Denís Mariño, con 41.46 gañaron en 300 m. En 1000 m, triunfo para Lorenzo González (Val Miñor), 2.55.40 e
Nerea Martínez (Lucus), 3.11.53.
Os concursos, en cambio, non rexistraron grande afluencia. Os mellores en triplo foron Salomé Carrera (AVA) e Rubén Martínez Covelo(RCCV). En pértega, por deficiencias técnicas quedou invalidada
calquera altura por enriba dos 2.25 m, polo que case todas as atletas optaron por retirarse, concursando Emma Varela (AF Celta), que saltou 2.25 m. Resultados
Flor Currás