Resultados

GP de Marcha de Rio Maior

A vila portuguesa de Rio Maior, será o sábado o centro da marcha mundial, con motivo do XXII GP de Marcha, no cal terán ampla representación as Escolas de Cuntis e Caldas, cun total de 25 atletas de diferentes categorías, froito da Escola de Marcha da Excelentísima Diputacion de Pontevedra.
Desprázase ao GP os marchadores galegos: Antia Chamosa,Sidnney Hernandez,Debora Pato,Elena Fraguas,Brais Prieto,Lorena Sanchez,Cristian Dumbrava, Roberto Veiro, Iria e Natalia Rivas, Smail Laaribi, Rocio Carbia, Carmen Escariz, Fran Duran, Alba Cajide, Maria Abeledo, Irene Mera, Antia e Ismael de la Torre, Noa Ramirez, Paula Villaverde, Andrea Fontan, Sara Abdulkader, Samanta Mulloni, Carmen Fuentes, Monse Pereira, todos eles capitaneados polo técnico Jose Antonio Pardal, sendo o obxectivo o loitar polos títulos individuais e por equipos, tarefa difícil debido ao bo nivel da competición

Compartir: