Campionato de España y Galego de Maraton

O domingo celébrase na nosa cidade o Campionato de España e de Galicia de Maratón. O campión e a campioa de España quedarán seleccionados para competir no Mundial de Moscu 2013 sempre que realicen a marca mínima de selección imposta polo Comité Técnico da RFEA que dirixe Ramón Cid. Ditas mínimas son 2.13.30 en homes e 2.33.30en mulleres.

O Campionato de España celébrase en paralelo co Campionato Galego e a II Maratón A Coruña 42. A saída terá lugar ás 08,30 horas desde a Avenida Montoto e a chegada terá lugar nas inmediaciones da Praza María Pita. A meta situarase na praza de María Pita, á que chegarán os corredores logo de completar tres voltas a un trazado urbano de 14.065 metros homologado pola Federación Española de Atletismo

Onte ás oito da tarde pechábase o prazo de inscripción para o maratón coruñés, A participación estímase, segundo os organizadores, nuns 1.200 atletas..

Ademais, a xornada completarase cunha proba popular de 10.000 metros, que comezará ás nove da mañá desde o mesmo punto e que contará, segundo a organización, cuns seiscentos participantes.

«O maratón ten unhas características singulares e complexas que obrigan a unha especial atención en determinados aspectos. Por exemplo, máis vixilancia e coidados aos atletas, tanto no percorrido como na meta. E ao ser Campionato de España, maior responsabilidade», explica o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos

A recollida de dorsales e chips para o maratón e a proba de 10km realizarase en Termaria Casa del Agua (C/Manuel Murguia, s/n) o venres 19 abril de 17:00 ás 21:30h e o sábado de 09:00h ás 14:00 horas e de 17:00 a 21:30. Asemade confirmase q os corredores disporán de servicio de duchas no Cuartel de Atocha e guardarropa na praza de María Pita. Lembrase que os atletas non aceptados no Campionato Galego teñen a obrigatoriedade de estar inscritos na proba popular CIRCUITO LISTADO ATLETAS ADMITIDOS CTO GALEGO

Compartir: