Resultados

Presentaci�n da II Edici�n Coru�a42 e Campionato de Espa�a Maraton

O concelleiro de Educación, Deportes e Xuventude, Francisco Mourelo, presentou a imaxe do II Maratón Coruña42, que se celebrará o 21 de abril, acompañado por Luis de Carlos, director xeral da RFEA; Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo; Pedro Nimo, atleta galego aspirante ao Campionato de España; e Pati Blanco, director de Relacións Externas do Corte Inglés.
“A imaxe de marca do Maratón segue as pautas marcadas para as tres grandes carreiras coruñesas, partindo da ceeñe, marca da cidade e dos quilómetros do percorrido”, explicou o edil.
“Os obxectivos desta campaña son empezar a perfilar este Maratón como un evento único no Norte de España e Portugal, convertelo nun día de celebración para todo o mundo e contribuír a facer crecer a marca Coruña”, subliñou Mourelo.
Así, A Coruña converterase en “unha grande instalación deportiva” para dar cabida a este grande evento que se celebrará conxuntamente ao LXXXVI Campionato de España Absoluto e de Veteranos desta distancia, do que sairán os seleccionados para o Mundial de Moscú; e á carreira popular Coruña10, que sairá media hora máis tarde. “En definitiva, a cidade xa se está a preparar para que todos os participantes se sintan como na casa”, destacou o concelleiro.
Neste sentido, Mourelo explicou o despregamento de medios que ofrecerá o evento aos corredores entre os que destaca a bolsa do corredor, que se poderá recoller entre o venres 19 e o sábado 20 de abril; servizo de gardarroupa; señalética da carreira; lebres; avituallamento, instalándose tres postos fixos por volta; colectores, servizos e duchas; medallas e diplomas; servizos de podoloxía e fisioterapia; e outro tipo de materiais como o vídeo de chegada a meta e outros datos de interese grazas ao código QR no número de cada participante.
O percorrido consta de tres voltas de 14.065 metros cada unha, situadas no casco histórico. A saída estará situada na Avenida Montoto, na súa confluencia coa rúa Fama, e a meta na praza de María Pita. En total, trátase dun circuíto de 42.195 metros, homologado pola RFEA.
Mourelo recordou a importancia desta proba e que o prazo de inscrición finaliza o 16 de abril. “De momento xa se inscribiron máis de 500 persoas, pero esperamos superar as máis de 1.200 do ano pasado”.

Noticis e foto: El Ideal Gallego

Compartir: