Hoxe e mañá as 16:30 horas no Hotel Coia aberá dúas charlas de interés para atletas e adestradores galegos. No día de hoxe Alfonso Ortega falará sobre a importancia do campo a través como medio da preparación invernal e mañá mércores as 16:30 horas Madó González, directora técnica da FGA e psicóloga deportiva falará sobre a importancia da preparación psicolóxica e o control do estrés nas competicións. A FGA convida a todos os adestradores e atletas que o desexen a presenciar estes dous eventos.