A Diputación de Pontevedra, cumprindo co programa de Formación de Técnicos vai organizar nos vindeiros meses un total de 6 cursos de 20 horas para técnicos e directivos de clubes da provincia de Pontevedra. O curso será gratuito para todos os alumnos e haberá un total de 40 prazas en cada unha das edicións. En total organizarase 6 edicións nos meses de abril, maio, setembro, outubro, novembro e decembro. O curso estará xestionado pola entidade destinada á formación continua dos profesionais do deporte, Sportis. Formación Deportiva e contará con profesores de recoñecido prestixio, salientando ao adestrador galego Mariano García-Verdugo que amosará o manexo dunha aplicación informática para o control do adestramento en deportes individuais. A iniciativa promovida pola Diputada Begoña Estevez acolleuse con gran éxito entre os clubes da provincia de Pontevedra. O prazo para inscribirse remta o vindeiro 15 de abril. (Máis información click aqui)