O Club Deportivo AURUM coa Delegación
de Ourense da FGA organizan o vindeiro domingo 24 de marzo o Campionato Galego de 10.000 m. en pista ao aire libre. Paralelamente disputarase o Campionato Provincial de Ourense de 10.000 m.
individual e por equipos.
O Club organizador, de moi reciente constitución, está a realizar un importante esforzo para a organización de probas deportivas, como o Circuíto de
Carreiras Populares “Correndo x Ourense”, o Campionato Provincial de Ourense de Campo a Través, o Campionato Provincial de 10.000 m, o Trofeo AURUM, e por primeira vez ten a responsabilidade de
organizar un Campionato Galego.
Tamén será a primeira vez que a cidade de As Burgas acolla unha competición en pista ao aire libre, xa que a sede deste Campionato Galego de 10.000 sera a
nova Pista de Atletismo do Campus de Ourense. Unha instalación que non naceu exenta de polémica, xa que non satisfacía todas as demandas do colectivo do Atletismo Ourensán, pero que posúe todas as
condicións para ser unha pista rapidísima, e ademaís nun espazo magnífico. Hai que destacar a implicación da Vicerreitoría do Campus de Ourense e do seu Servizo de Deportes para mellorar a
instalación e para que éste Campionato Galego se desenvolva perfectamente.
Así pois, todos os atletas e as atletas que participen nesta proba, estarán a escribir unha páxina máis na historia do Atletismo Galego e da Cidade de
Ourense, cidade que recibirá cos brazos abertos a todos os que aquí se acheguen o vindeiro domingo. Agardámosvos. Atletas
inscritos