Campeonato de España de Campo a Través por Clubes

Celebrou-se en Marina dÒr-Oropesa del Mar o campionato de España de Campo a Través por clubes con amplia participación galega. Na categoria cadete os homes da Atlética Valmiñor foron 7º , sendo o SF Lucus Caixa Rural 13º e o Atletismo Noia 24º os outros representantes galegos. Destacar a nivel individual a victoria de Tariku Novales. Nas mulleres o SF Lucus Caixa Rural acadaron o posto 36º, Franciscanos 41º e Atletica Barbanza 48º. A participación mais numerosa foi na categoria xuvenil homes con catro clubes galegos. Os postos foron ADAS 16º, Olímpico de Vedra 25, Ría Ferrol 29º e Val Miñor 49º. Nas mulleres boa actuación do Comesaña con un 5º posto gracias a victoria de Carmela Cardama na proba. As integrantes da Atlética Val Miñor acadaron o posto 33º. Meritorio tambén o cuarto posto das féminas da Atlética Val Miñor e o décimo posto do R.C. Celta na categoria junior. En promesas participación únicamente masculina con o Comesaña no posto 15º e R.C Celta 19º. Na categoria absoluta posto 16º para o Coruña Comarca no cross corto e 12º para as mulleres do Comesaña no longo. Resultados Actuaccion Galega

Compartir: