Ultima hora: Tras a disputa da primeira xornada do Campionato de España que se celebra en Sabadell, a atleta galega Solange Pereira colgouse a medalla de prata na proba de 3000 metros cun rexistro de 9.30.38. A outra medalla lograda nesta xornada correu a cargo de Belen Toimil en peso cunha marca de 14,98 metros. Actuaccion galega
Xornada domingo dia 17/02/2013
Fantastica actuación dos saltadores galegos, onde Ana Peleterio demostrou as súas cualidades no nacional absoluto de pista cuberta ao realizar un
primeiro salto de 13,75 metros, que equivale a un novo record nacional na categoria júnior e mellor marca na categoria promesa.
Gran campionato de Jean Marie Okutu, ao facerse co titulo de campeon absoluto en pista cuberta cun salto de 7,79 metros (novo record galego absoluto) e primeiro titulo absoluto baixo teito.
Gran rexistro de Paula Ferreiros en 400 metros de 55.44, quedando a 4 centesimas da mellor marca galega de Begoña Garrido de 55.40 do ano 2006.
Destacar o campionato de Leticia Fernandez Barbosa na final de 1500, logrando unha meritoria quinta praza con 4.43.95, despois de realizar o dia anterior en semifinais a súa mellor marca da tempada
de 4.27.87
Dende a FGA queremos facilitar a todos os atletas desprazados a Sabadell polo gran campionato realizado,
Resultados
Foto: Flor Currás