O Pazo dos deportes da Coruña deu acollida o pasado dia
10 de febreiro a unha fantastica nova edicion do campionato Galego de veterans na que o mais salientable foi a consecución nada menos que de dous records de España e de 12 plusmarcas galegas. Sen
lugar a dúbidas a gran protagonista deste campionato foi a atleta do Ourese Atletismo Emilia Mesa quen nunca fantastica actuación na categoría de maiores de 60 establecería dous novos records de
España. O primeiro deles foi no salto de lonxitude con 3 metros e 86 centimetros, millorando en nada menos que en 43 cm a anterior plusmarca española acadada o ano 2009. E o segundo, foi no
lanzamento de peso no que chegou ata os 10 metros e 15 centímetros. Esta atleta é posuidora dos Récords de España destas mesmas especialidade na categoría de maiores de 55 anos.
Da mesma maneira e para rematar o seu campionato establecería un record galego nos 50 metros ao rexistrar 8 segundos e 25 centésimas.Na categoría dos maiores de 35 Marta Garcia Sotelo, do
Samertolameu acadou victorias tanto no dobre hectómetro cun rexistro de 30.67 como nos 400 con 1 minuto, 8 segundos e 76 centésimas. Tamén Maria Jose Fraga do clube A Silva que faeria o propio cas
probas de Peso con 9 metros e 13 centímetros e nos 50 metros. valados con 10 segundos e 7 centésimas.
A atleta do Samertolameu Rosa Ana Santos foi a gañadora nas probas tanto dos 200 con 29.56 coma na dos 400 con 1.08.69 na categoria de W-40 e na que Silvia Teiejeiro do Ourense Atletismo acadarían
o trunfo nas distancias dos 800 con 2 minutos 41 segundos e .23 centésimas coma nos mil cincocentos con 5.23.80.Boa actuación tamen de Pilar Regueiro da Atletica A Silva gañadora do 50 m.l. e 50
m.v. na categoría W-45.Na idade de maiores de 50 anos a celeste Luz María Domínguez sería unha das grandes destacadas destes campionatos logo de acadar a victoria de maniera clara nas probas de
200 m.l con 32.04; 400 con 1.10.86 coma nos 800 con 2.38.11 o que supón unha nova plusmarca galega. A Lucense do Fluvial Carmen Novo na categoría mayores de 55 acadaria sendas victorias tanto nos
400 como nos 800 m.Por parte do Comesaña Sporting Club a atleta Flora Josefa Guzman estableceu un novo record galego da categoría de mayores de 60 anos na proba dos 200 metros ao acadar un tempo
de 36.82. Despois repetiría triunfo nos 400 e 800 metros. Na categoría M-35 destacado campionato de Pablo Antepazo do sametolameu quen acadaria a victorias de 50, 200 e 400 metros,Destacar a boa
participancion de Alfonso Lopez Menduiña na categoria M-35 que logrou nada menos que duas medallas de oro en 1500 e 800 e prata en 400. Francisco Basteiro, na categoría M-40, colgouse o ouro nas
distancias de 50 e 200 metros. Xa nos concursos e sobre a categoría de M-45 Alberto vazquez do Real Club Celta acadou tres títulos: en Altura, Lonxitude e triplo salto. Pola sua banda. Jose Manuel
Gonta do clube Atletismo A Silva acadou un novo récord galego nos 50 metros valados ao invertir un crono de 8 segundos e 70 centesimas
Nos M-50 Jesus Piñeiro fariase co domio nas probas de velocidade logo de subir ao mais alto no podium tanto en 50, 200 comabnos 400 metros. Nesta mesma categoría Jose Manuel Fernandez do Verxel
domiñaria as probas de 800 e dos 15000. Xulio Ventin pola sua banda sería outro dos atletas destacdos logo de se poñerse nas probas dos 50 m.valados, en salto con pértega e no lanzamento de peso.
Ramiro Mendez de A Gandara acadaria victorias sobre os 400 con 1.01.73 e os 3000 con 10.43.62. na categoría dos maiores de 55 anos. Victorias nesta mesma franxa de idade Santiago Ferrer da
Gimnástica gañou no salto con pertega con 2.40 metros, o que suporía un novo récord galego. Tamén triunfos de Luis Nogueira nos concursos de lonxitude con 4.80 metros e lanzamento de Peso con
10.47 metros. Destacamos os récords galegos na proba dos 800 do atleta Domingo Alvarez do Atletismo Burgas cun rexistro de 2.17.24 asi como a e Javier Toro do Fluvial nos MIN CINCOCENTOS cun tempo
de 4.42.88
Nos M-60 Jose Luis Rey do Atletas veteranos de Ourense fariase cas victorias dos 400 e dos 800. No tocante aos concursos Francisco Bao do ADAS proclamarias campion galego das especilidade de
Lonxitude con 2.81 asi como na de triple con 5.84.
Na categoría M-65 Jose Cidras Ferradas do Comesañana destacou logo de acadar as vitorias e os récords galegos de 50 metros, con 8.03 e nos 200 con 31.68. Cidrás tamen imporiase nos 400 con
1.15.12
Antonio Hernandez do Egovarros faria o propio nos 800 asi como nos 3000 metros. Nos mayores de 70 anos Antonio Cabana do Egovarros fixo un destacado campionato ao subir ao mais alto no podium nas
probas dos 800 metros, cun novo record galego. Despois gañou tamén nos 400 e nos MIL cincocentos metros. Pola sua banda Manuel Garcia do ADAS proclamouse campion galego en 50 e 200 metros, nesta
ultima con 36.96 segundos, nova plusmarca galega, ao igual que tamen faría Julio Fernandez do Ourense Atletismo no concurso de peso cun millor lanzamento de 8 metros e 72 centímetros. Resultados