Resultados

Campeonato de España promesa: Paula Ferreiros e Eva Costas, ouro; Leticia Fernández, prata e Leticia Gil, bronce.

Catro medallas foron o balance final dos atletas galegos desprazados a San Sebastián ao Campeonato de España promesa en pista coberta, cumprindo os pronósticos. outras tres atletas accederon tamén ás fináisMención destacada merece o rexistro acadado pola atleta do Lucus Caixa Rural, Paula Ferreiros, quen xa nas semifináis disputadas o sábado avisou das súas intencións. Paula sorprendeu corrrendo os 400m nun tempo de 55.70, que rebaixou na final a 55.48, o que supón a terceira mellor marca absoluta da tempada e a medalla de ouro promesa.
Eva Costas (AFC) remontou no sexto intento un concurso no que acababa de ser superada por catro centímetros, reaccionando para lanzar eses 13.56m que lle dan o título nacional, e confianza para seguir mellorando.
Nos 1500m Leticia Fernández (RÍA) proclamóuse subcampeona, cunha marca de 4.32.94 a pouco máis dun segundo da primeira clasificada, revalidando a condición de subcampeona da tempada anterior.
O concurso de salto de lonxitude xa prometía estar moi disputado e as medallas repartíronse nuns poucos centímetros. Leticia Gil (ADAS) repetiu o bronce do pasado ano, con 5.56m, a tres do título. Marta Gómez (CAFC) remato na 11ª posición. Menos sorte tivo Alberto Elena (RCCV), que está nun bo momento de forma pero fixo tres saltos nulos.
En postos de finalista, Alicia Merino (LUCUS), 8ª en lonxitude con 5.32m e Yuliana Velásques, 6ª nos 800m, con 2.20.61. Paula Sahelices accedeu á final dos 1500m, rematando en 9º lugar, cun tempo de 4.59.67.
En canto a os outros participantes galegos, Carlos Moro e Teresa Fernández Miguélez non conseguiron praza na final dos 60m valos, nen Marta Gómez nos 60m. É tamén o caso de Iria Castro nos 800m, ao igual que Francisco Díaz (CCC), que sí tivo a satisfacción de mellorar a súa marca persoal correndo os 1500m en 4.08.47. En provas combinadas, Erik Calvo acadou a décima posición do heptathlon e Lucía Seijas foi undécima en pentathlon. Alicia Merino e Antonio Molina tiveron que retirarse. Resultados
Fotos: Flor Currás

Compartir: