Resultados

XXXVI Campionato de España promesa en pista cuberta

O Pazo dos deportes Antonio Elorza en San Sebastián será este fin de semana a sede do XXXVI Campionato Promesa en pista cubierta,(nacidos en 1991,92 e 93). Quince serán os participantes galegos entre un total de 400, con predominio maioritario de mulleres. Por clubs, ao Celta Atletismo corresponde a maior representación, con cinco inscritos, seguido de Ría de Ferrol e Lucus Caixa Rural con tres cada un.
Varias son as atletas con boas perspectivas de medalla. Leticia Gil (ADAS), que na pasada edición conseguiu o récord galego de salto de lonxitude, pelexará polo ouro, nun concurso que se anticipa moi disputado, no que tamén estarán Alicia Merino (LUCUS) e Marta Gómez (AFCelta), que correrá ademais os 60 metros. En lonxitude masculina, Alberto Elena (RCCV).
Outro valor seguro é Leticia Fernández Barbosa (Ría Ferrol), que parte coa mellor marca española da tempada en 1500 m. O ano pasado proclamouse subcampiona en Antequera. Iria Castro (Ría) figura en cuarto lugar, e compite ademais a céltico Paula Sahelices. Na proba masculina, o atleta do Coruña Comarca, Francisco Díaz llera. E en 800 m, Yuliana Velasques (Ría).
Eva Costas (At. F. Celta), en peso, volverá ao escenario das súas últimas medallas, tras case tres anos ausente. Chega cunha das mellores marcas, e a súa calidade e competitividade deberán axudarlle a remontar postos. É firme candidata ao podio, e a mellorar o seu rexistro persoal.
Paula Ferreiros (LUCUS) pelexará en dúas frontes. Por un lado en salto de altura, coa cuarta mellor marca; por outro, nos 400 m, proba en que demostrou ter unha gran proxección. Nos valos, dous valores do atletismo coruñés, Carlos Moro (Riazor) e Teresa Rodríguez Miguélez (CA Valladolid).
Completan a participación os atletas de combinadas. Alicia Merino e Lucía Seijas, ambas as dúas do Lucus, en pentathlon. No heptathlon estarán Erik Calvo,y outro atleta galego, actualmente con licenza soriana, Antonio Molina. Mas informacion

Compartir: