O vindeiro domingo 27 de xaneiro terá lugar no vistoso circuito
do Mirador de Couso no Concello de Riveira o Campionato Galego de Campo a Través junior, promesa e absoluto individual e por equipos, no cal se darán cita os mellores fondistas galegos que desexen
acadar a casificación para o campionato de España por autonomías que se disputará o 3 de marzo (sede sen determinar). A proba foi presentada o pasado venres no Concello de Riveira (enlace co video:
http://www.27tv.es/video/Prueba-de-cross-en-el-circu%25C3%25ADto-de-Couso/747753e93b006ef33e64e6094300131f
) e terá o impulso do Concello de Riveira que amosa unha vez máis a súa colaboración total co atletismo galego o organizar na presente tempada a Gala Anual do Atletismo, o Campionato Galego Junior,
Promesa e Absoluto individual e por equipos de Campo a Través, a fase clasificatoria en pista de deporte escolar, o Campionato Galego de Veteráns en pista e o Campionato Galego de 5 km en ruta
ademais de croses escolares de XOGADE e a tradional carreira pedestre de Santa Uxía que a pasada tempada foi campionato galego de 10 km en ruta.
As probas dos Campionato Galego comenzarán pola categoría junior femenina e darán comenzo as 11:10 horas. Regulamento
Campionato Galego ATLETAS INSCRITOS
Previamente realizaranse probas para escolares federados e non federados nun cross popular
Horario menores Inscripciones menores Cartel Circuito