O Circuíto do Monte do Gozo acolleu unha xornada de cross que será difícil de esquecer para os afeccionados ao atletismo, organización e atletas participantes. Cunha temperatura próxima aos catro graos a primeira hora, con chuvia durante toda a competición, néboa e vento principalmente nas últimas carreiras, o atletismo galego celebrou nun mesmo día o 16º Memorial Alejandro Lorenzo, o Campionato Galego de cross individual e por equipos cadete e xuvenil así como o Campionato Galego de cross curto por equipos.
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra presentábase en Santiago co obxectivo de mellorar o segundo posto no Campionato Galego por clubs logrado o ano pasado, sen algún dos seus homes destacados,hoxe demostrou a calidade de todos eles xa que con baixas significativas proclamáronse Campións Galegos na proba masculina mentres as mulleres do Comesaña renovan o título logrado a tempada pasada. Nesta carreira a protagonista sería Esther Navarrete que vencía con autoridade realizando toda a proba en solitario, segunda seria Patricia Mendes do Comesaña Sporting Club e terceira Raquel Suarez do Ria Ferrol. O Club vencedor baseou a súa vitoria no comportamento dos seus atletas máis importantes, a mencionada Patricia Mendes, Soledad Castro que foi cuarta, Maria del Carmen Penas e Sofia Freaza.
Na carreira masculina tivemos o luxo de presenciar a exhibición de Pedro Nimo o cal coñecendo o seu nivel en cross non sorprende pero si vendo a facilidade coa que correu esta mañá nun circuíto embarrado. Dende o iniciou foise en solitario acumulando unha carreira máis na súa preparación para a tempada de cross. Os Campións Galegos, a Sociedad Gimnástica de Pontevedra tiveron en Rubén Diz ao seu mellor home sendo segundo a un nivel alto, xunto a él Iván Docampo que tras proclamarse o dia anterior subcampeón galego absoluto de 1500 hoxe lograba a terceira posición, sendo o terceiro home e puntuar Rafa Fuentes outro dos atletas mas veteranos na SGP. O cuarto home do Club foi un recuperado Javier Paredes que entrou no posto décimo terceiro.
Galego de Cross Corto por Clubes
As condicións metereolóxicas dificultaron a organización do evento aínda así o esforzo, a ilusión e a competitividade dos alí presentes permitiron que Galicia demostré unha vez máis que conta cun
nivel excepcional de corredores de fondo en todas as categorías.
A ampla participación como sucede ano tras ano no Memorial Alejandro Lorenzo asegura a canteira de corredores de cross para os próximos anos e mesmo atletas que participaron en edicións
anteriores,hoxe en dia atopanse entre os mellores atletas nacionais de campo a través. Destacamos o labor realizado polo Club Atletismo Vila de Cangas que nesta ocasión logrou vencer por equipos en
todas as categorías salvo en benxamín feminino que o faría a Sociedade Atlética Val Miñor. Recordamos que o Club Atletismo Vila de Cangas logrou fai unha semana resultados importantes tamén no
Campionato Galego de Pista cuberta de categorías inferiores logrando vinte oito medallas. No barro do Circuíto do Monte do Gozo os mellores foron, en categoría benxamín Sofia Fernández da Sociedad
Atlética Val Miñor e Eduardo Parcero do Atletismo Vila de Cangas, en alevíns Pablo Freire do Club Afflelou Narón e Sara Lima do C.S.C. RBeade, por último en infantís vencerían Pedro Osorio do
Afflelou Narón e Raquel Meaños do AD. Mazi.
A tempada pasada os nosos atletas da categoría cadete convertéronse nos mellores a nivel nacional en campo a través nesta ocasión xunto cos atletas xuvenís disputaban o campeonato galego individual
e por equipos, de novo un nivel alto con nomes importantes que sen lugar a dúbida volverán estar na elite do fondo nacional. As primeiras carreiras en celebrarse foron as da categoría cadete
feminino e masculino. En mulleres Iria Rodríguez que xa no mes de decembro no Gran Premio Pedestre de Nadal celebrado en Vigo demostrara un excepcional nivel, lograba a vitoria avantaxando en oito
segundos á súa perseguidora Claudia Blanco do Elite Noia e Carmen Martínez do Atletismo Noia. Por equipos vencería o Lucus Caixa Rural, cuxamellor atleta foi Nerea Martínez entrando en sexta
posición. Na proba masculina a priori esperábase unha gran carreira con atletas destacados do panorama galego de fondo, algún deles integrantes da selección galega que o ano pasado proclamaronse
Campións de España. No primeiro quilómetro o encargado de poñer o ritmo que faría a primeira selección foi Tariku Novales que levouse consigo a Miguel González, Adrian Ben, Marcos Rosende e Yeray
Gómez. Cotranscorrer dos quilómetros veriase claramente que o duelo era entre Tariku, Miguel González e Adrián. No último quilómetro será o atleta do Lucus Miguel González quen toma vantaxe
entrando en meta con dez segundos de vantaxe sobre o atleta do Atletismo Noia, Tariku Novales e de Adrian Bentamén do Lucus. Por equipos sería o Lucus Caixa rural o vencedor tanto en homes coma en
mulleres con atletas destacados e un grupo en ambos os dous casos, moi compensado o que lles permitiu meter varios atletas nos primeiros postos.
Os xuvenís competirían a continuación sendo na proba feminina onde observouse un maior nivel con atletas de enorme calidade como son as integrantes do ComesañaSporting Club, berce de grandes
fondistas, Carmela Cardama e Angela Gonzálezxunto coa atleta do Atletismo Tui, Uxia Pérez que continua engordando o seu palmarés tempada a tempada. Nesta ocasión percorrerían aproximadamente catro
quilómetros nun circuíto embarrado e con condicións metereolóxicas complicadas. A pesar disovíronse detalles de calidade nas primeiras atletas en cruzar a meta, con superioridade, a primeira sería
Uxia Pérez que adaptouse mellor ao barro nesta ocasión, por detrás serían Carmela Cardama e a vinte segundos entraba Angela González. O Comesaña Sporting Club sería o claro vencedor da carreira,
proclamándose Campionas Galegas. Na proba masculina o A.D.A.S sería o vencedor mostrando que compuxo un equipo equilibrado entrando os seus atletas nos postos cuarto, quinto, sétimo e undécimo.
Nesta carreira a grata sorpresa foi a vitoria do atleta do Ria Ferrol Ero Doce que dende o inicio mantivose no grupo de cabeza xunto con Miguel Otero do Real Club Celta, Brais Gómez do Val Miñor e
Nicolas Villanueva do Olimpico de Vedra. A falta dun quilómetro Ero Doce logra distanciarse para entrar en meta en solitario, segundo posto para Nicolás Villanueva e terceiro Brais Gómez.
O campo a través implica barro e xornadas invernais, hoxe no Monte do Gozo dende os máis pequenos aos veteranos puideron sufrilo, en resumo nosos mellores atletas inician a un gran nivel a tempada
de cross coa vista posta no próximo Campionato Galego que se celebrará o domingo 27 en Riveira.