As competicións en pista cuberta no Pavillón de Riazor iniciáronse cun ilusionante campionato por equipos, a Copa de Clubs, que en homes e mulleres disputaron os mellores clubs galegos co obxectivo de alzarse co título. Cun atleta por proba presentáronse todos eles coas suas mellores bazas logrando nalgunhas probas duelos interesantes de cara ao Campionato Galego Absoluto que disputarase no mesmo escenario dentro de sete días.
A nivel colectivo os protagonistas foron a Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes que impúxose ao Real Club Celta de Atletismo que estivo na loita polo título ata o final, os de Pontevedra basearon a súa vitoria principalmente nos concursos, gañando a pértega, a lonxitude, o peso e o triplo salto; en mulleres dominio claro das rapazas do Ria Ferrol impoñéndose en todas as carreiras a excepción dos 400 metros lisos.
A nivel individual Ana Peleteiro parece, ao igual que a tempada pasada, que vaise converter na estrela indiscutible do atletismo galego e por suposto nacional. Con só tres saltos realizados xa que
por problemas físicos non realizou o cuarto, a atleta do Barbanza foise no segundo salto até 13,24 o que supón un novo record galego absoluto en pista cuberta e novo record de España en categoría
junior en pista cuberta. Este último estaba en posesión de Vanessa Peñalver dende o ano 1998.
Outros nomes que brillaron no Pavillón de Riazor foron Victor Gallego, Santiago Ferrer, José Alfonso Palomanes e Leticia Fernández.
No trocante ao título honorífico, este foi parar á Sociedade Gimnástica de Pontevedra, que contabilizou unha maior cantidade de puntos sumando os obtidos en ambos
equipos, masculino e femenino. Noraboa!
Resultados
Nas probas de velocidade destacamos o duelo entre Miguel Gómez e Soldeplata Saketos, do A.D.A.S nos 50 metros lisos onde este último impúxose con 6.04 por 6.06 do atleta do Real Club Celta de Atletismo, o máis rápido nos 200 metros lisos foi Sergio Rodríguez do Club Coruña Comarca que impúxose cun bo rexistro de 22.64. En medio fondo carreiras tácticas cuxo desenlace produciuse nos últimos metros, nos 800 metros lisos impoñeríase David González do Club Afflelou Narón e nos 1500 Carlos Porto do Real Club Celta deAtletismo nunha chegada axustada co representante da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Juan Pablo Fernández. Nos 50 valos vencería o atleta olímpico David Gómez con 7.20.
Nos saltos gran competición de Santiago Ferrer na pértega que inicia a tempada a un gran nivel, nesta copa de clubs logrou a vitoria con 4.50. Outro atleta da Sociedad Gimnástica que tivo un bo
rendemento foi José Alfonso Palomanes que superou en triplo salto os quince metros, índose no cuarto ata 15.07. Destacamos a Dario Costas atleta xuvenil que aínda que non venceu na proba de altura,
xa que o fixo o atleta do A.D.A.S David Barreira, Dario foi segundo con 1.90 mellorando amplamente a súa marca da tempada pasada. No lanzamento de peso, Victor Gallego despois da sensacional
tempada realizada o ano pasado parece iniciar a actual con obxectivos ambiciosos e nun gran estado de forma, onte quedaba moi preto do seu record galego, lanzando 17.06.
En mulleres dominio absoluto das atletas do Ria Ferrol que con algunhas incorporacións e a pesar da baixa de Lidia Casal nesta competición, renderon a un nivel excepcional, soamente Paula Ferreiros
vencendo nos 400 metros lisos nunha vitoria axustada con Esperanza Caldas era capaz de romper a hexemonía das atletas do Ria Ferrol que gañaron todas as carreiras. A atleta do Lucus Caixa Rural que
este ano xa correu ao aire libre en 57.62 impúxose con 59.27. As vitorias nos 800 e 1500 caeron do lado de Yuliana María Velasquez e Iria Castro demostrando ambas as dúas unha total superioridade
respecto o resto de atletas. Houbo que esperar os 3000 metros lisos para presenciar un duelo axustado entre dous valores importantes do noso atletismo feminino, Leticia Fernández e Esther Navarrete
que viñeron a Coruña dispostas a correr forte, resultado diso foi a vitoria de Leticia do Ria Ferrol con 9.45.08 seguida de Esther do Atletismo Femenino Celta con 9.48.72. En salto de lonxitude
outra das atletas adestradas por Lardo Moure, Iria Forján demostrou a súa calidade, vencendo con 5.40.
A xornada rematou co aplauso do público asistente nas bancadas de Riazor á a Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Club Ria Ferrol, clubs vencedores nunha competición especial, a Copa de Clubs de pista cuberta