Listado admitidos Campionato Galego Benxamin, Alevin e Infantil

Unha vez pechado o prazo de inscrición para o Campionato Galego Benxamin, Alevín e Infantil do vindeiro domingo dia 13 no Pazo dos Deportes da Coruña, publicamos a lista de admitidos pola Dirección Técnica de todos os atletas que se encontran entre as 24 melloras marcas en carreiras e as 12 en concursos dos participantes que puxeron os seus rexistros ao facer a inscrición.

NOTA INFORMATIVA

Ante a imposibilidade de publicar nesta WEB a relación provisional de admitidos, tal e como as normas da circular da FGA, correspondente a este campionato, o indicaba, e tras considerar os impedimentos tecnolóxicos que algúns clubs sufriron para cumprimentar as inscricións e tras revisar todas as mesmas, a Directora Técnica resolveu: 1) Confirmar a participación dos atletas que legalmente cumprían todos os requisitos e que están incluídos na lista de admitidos; 2) Eliminar da lista a aqueles atletas que se excedían no número máximo de probas ás que teñen dereito a participar, xa que incumpren a normativa da competición e 3) Engadir nas probas nas que hay vagas disponibles a aqueles atletas dos clubs que tiveron dificultades tecnolóxicas, pola novidade do sistema, pero que posúan as marcas mínimas esixidas

NOTA:
Unha vez revisadas pola Direccion Técnica todas as reclamacións presentadas polos clubs, faise publica a relacion de atletas admitidos definitivamente para o Campionato de Galicia Benxamin,Alevin e Infantil Lista de participantes

Compartir: