Resultados

Aviso para os organizadores de carreiras populares e participantes de probas populares

A FGA desexa lembrar a todos os organizadores de carreiras populares, que a organización de estas probas debe conlevar un mínimo de seguridade para os participantes e cumprir ca normativa legal existente. Todos os organizadores que non cumpran con esta normativa poden incurrir nunha ilegalidade e obter sancións importantes.

No regulamento de estas probas non poden existir artigos sinalando que o organizador non se fai responsable dos danos ocasionados aos deportistas, pois según o artigo 2 do Anexo II do Real Decreto 1428/2003 todos os organizadores deben ter contratado un seguro de responsabilidade civil e un seguro de accidentes para os participantes, polo que os danos producidos aos atletas ao longo da proba deben estar amparados por unha compañía de seguros.

Asemade, esta lei contempla a necesidade de ter as seguintes autorizacións:

– Autorización da Federación correspondente.

– Autorización do propio concello cando a proba trasncurra únicamente por vías do propio concello.

– Autorización da Xefatura Autonómica de Tráfico no caso de que a proba trasncurra por estradas de distintos concellos.

– Autorización da Xefatura Central de Tráfico, no caso de que a proba transcurra por vías de distintas comunidades.

Ademais, todos os organizadores deberán garantir a presenza dunha ambulancia e un médico para un mínimo de participantes e ampliar estes servizos según estipula a lei. (Mais información sobre o decreto regulador de probas deportivas na vía pública aquí) (Normativa FGA probas deportivas)

Compartir: