Resultados

Asamblea Anual da FGA

O pasado sábado 29 de decembro celebrouse en Riveira unha nova xuntanza da Comisión de Clubs, Xunta Directiva, Comisión Delegada e Asamblea xeral da Federación Galega de Atletismo. Aprobáronse todos os puntos do orden do día, como a liquidación económica provisional do exercicio 2012, os orzamentos para o 2013, así como o calendario de competicións para a presente tempada.

Un dos puntos do orden do día foi a modificación dos estatutos federativos, tratados en Asemblea Xeral Extraordinaria, pola necesidade de adaptar os mesmos ás disposicións da nova ley Galega do deporte, aprobada no ano 2012. Algunha das novidades dos estatutos refirense á responsabilidade persoal do presidente e dos membros da Xunta Directiva polas obrigas que contraese a federación e que non teñan, ou tivesen, o adecuado apoio contable e documentado. Por elo a Xunta Directiva non incluirá ningunha proba no calendario oficial de competicións que se celebren no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, sen que exista previamente o aval documental asinado polo patrocinador ou organizador.

Tamén simplificóuse a estructura do réxime disciplinario da federación galega. Aparte da que exercen os xuíces na propia competición, fora da mesma só existirá o Xuíz Instructor e o Comité de Diciplina Deportiva, desaparecendo o Comité de apelación e de xurisdicción. Coas resolución do mesmo esgótanse a vía federativa. Por enriba atópase o Comité Galego de Xustiza Deportiva da Xunta de Galicia, ao que poden recurrir os afectados.

Asemesmo, en relación ás Delegacións da Federación, desaparece a figura do presidente da mesma para convertirse en Delegado federativo, xa que esa terminoloxía aplicábase cando en Galicia funcionaban de forma autónoma as federacións de atletismo provinciais. En consecuencia, tamén desaparecen as xuntas diractivas das delegacións, xa que, coa Ley Galega do Deporte, cada federación só pode contar cunha única Xunta Directiva. En calquera caso, os delegados conservan as competencias para nomear ao seu grupo de traballo, integrados por todos os estamentos básicos.

Compartir: