Resultados

Gala do Atletismo Galego 2012

O concello de Riveira albergou na noite do sábado 29 de decembro a Gala Anual do atletismo galego. A distinción para os mellores atletas recaeu, na saltadora Ana Peleteiro, campioa mundial júnior de triplo salto, e Lolo Penas, dobre campión de España de 10.000 metros en pista e ruta. Tamén se concedeu un premio especial a Frank Casañas pola súa grande actuación nos Xogos Olímpicos de Londres onde obtivo diploma no lanzamento do disco. Na categoría sub23 o galardón concedeuse novamente a Ana Peleteiro e o jabalinista Borja Barbeito, campión de España promesa. No apartado de veteranos os premios foron para a incombustible Soledad Castro, medallista en europeos e mundiais en diversas ocasións e José Luis Otero Cepeda, campión de Europa de 10.000 metros. Tamén recibiu a máxima condecoración da FGA, medalla de ouro, Mariano García Verdugo polos servizos prestados ao atletismo galego. Un momento moi emotivo foi a entrega aos familiares da xuíza ourensana Estela Dieguez, falecida este ano e recoñecida coa placa Ramón Docal por parte do Comité Galego de Xuíces. Así mesmo a entidade La Caixa recibiu un distinción polo patrocinio á federación, así como á Xunta de Galicia, ás catro deputacións provinciais e aos concellos da Coruña, Pontevedra e O Barco de Valdeorras por organizar campionato de España no ano 2012. O premio ao mellor club foi para a Sociedade Gimnástica de Pontevedra. Tamén foron agasallados os adestradores José Antonio Pardal, Abelardo Moure e Javier Medrano. Así mesmo, a FGA concedeu unha distinción a Benito Martín e Santiago Novo pola súa desinteresada colaboración co programa de televisión Citius Altius Fortius

Compartir: