A Asociación Deportiva Porto do Son en colaboración co Concello organizou a primeira edición da Carreira Popular Sin Son cun padriño de luxo como é Pedro Nimo. A resposta por parte dos participantes foi masiva apoiando así esta nova iniciativa que no seu percorrido de 10 km unía as localidades de Portosín e Porto do Son. Os primeiros quilómetros transcorreron pola localidade de Portosín levando aos atletas pola zona do porto deportivo para a continuación incorporarse á estrada que une ambas as dúas localidades, a C550, e dirixirse á meta situada en Porto do Son. No quilómetro 2 vanse catro homes destacados Pedro Nimo, Manuel Hurtado, Rubén Caamaño e Rafael Fuentes, en mulleres é María Jesús Gestido quen toma vantaxe dende o inicio sobre Nazaret González. O ritmo imposto por Manuel Hurtado no quilómetro 3, permítelle coller uns metros de vantaxe sobre o atleta do Bikila, Pedro Nimo. O terceiro posto deféndeo Rafael Fuentes da Sociedad Gimnástica de Pontevedra por detrás homes importantes como Daniel Bargiella, Robertas Geralavicius ou Rubén Caamaño. En mulleres de menos a máis vai correndo Esther Pedrosa que llevai recortando a distancia á atleta de Gran Canaria Nazaret González que en terras galegas continúa a súa preparación para dar o salto á media maratón que será o seu próximo obxectivo.
A esixencia do circuíto e o forte vento obriga os atletas a medir as súas forzas pero dende os quilómetros iniciais parecen decididos os primeiros postos da xeral. Hurtado, que nas últimas semanas
compaxinou probas de asfalto con excelentes resultados en probas de cross como o Belarmino Alonso onde subiu ao podio por detrás de Alejandro Fernández e Manuel Penas todos eles do equipo New
Balance, non parece dar signos de flaqueza. O atleta lucense pasa o quilómetro cinco a un ritmo de 3.03 o quilómetro, por detrás Nimo parece sufrir a dureza do percorrido pero mantén a vantaxe
sobre Rafael Fuentes. As posicións non variarían ata entrar en meta, cabe destacar os últimos quilómetros de Daniel Bargiella que faríase finalmente coa cuarta posición.
O vencedor, Manuel Hurtado logrou un sensacional tempo dadas as condicións metereolóxicas de 30.37 ao igual que María Jesús Gestido que con 36.20 lograba unha vantaxe de máis de dous minutos sobre
Esther Pedrosa que sería segunda e Nazaret González que finalmente tería que conformarse co terceiro posto.
A continuación leváronse a cabo as probas de escolares con importante participación de atletas dos Clubs Atletismo Elite Noia, a Agrupación Deportiva Portodo Son e a Asociación Atletica Deportiva Barbanza.
Crónica: Elena González